Actividades
I Xornadas arredor do Forte de San Damián
- Venres 17 e Sábado 17 de outubro
Os días 17 e 18 de outubro, organizada polo Concello de Ribadeo dentro das actividades do programa Ribadeo cara ao mar, celebrarase a I Xornada arredor do Forte de San Damián, unha iniciativa que busca poñer en valor o patrimonio fortificado costeiro e promover a conservación dun dos símbolos máis singulares da vila.
O programa inclúe catro sesións temáticas nas que especialistas de Galicia e Asturias abordarán a evolución das defensas costeiras, dende o século XVI ata a época contemporánea, con especial atención ao papel estratéxico da Ría de Ribadeo.
Ademais das sesións e charlas, as xornadas completaranse con visitas guiadas ao casco histórico, ás fortificacións de Porcillán e ao Forte de San Damián, degustacións gastronómicas centradas na valorización dos produtos do mar e un concerto de música antiga como peche do evento.
As persoas interesadas poden consultar o programa completo e inscribirse gratuitamente ata completar aforo en fortesandamian.gal.
Programa venres 17 de outubro
- 11.30 h As defensas do peirao de Porcillán no século XVI á vangarda da fortificación cantábrica. Lugar: Capela da Atalaia.
- 12.30 h Visita guiada ás fortificacións de Porcillán: Atalaia, Pena do Hospital, A Moreira.
- 16.30 h Visita guiada Casco histórico de Ribadeo.
- 17.30 h As defensas da costa nas provincias da Coruña e Pontevedra. Lugar: Salón dos alcaldes – Casa do Concello de Ribadeo.
- 19.00 h Degustación gastronámica de produtos do mar no Concello de Ribadeo.
Programa sábado 18 de outubro
- 11.30 h Visita guiada ao Forte de San Damián.
- 12.30 h Fortificacións da Ría de Ribadeo (Asturias e Galicia. Lugar: Forte de San Damián
- 17.00 h Mesa redonda sobre o futuro uso do Forte de San Damián.
- 18.00 h Visita guiada aos arredores do Forte e antigo cargadoiro de minerais dentro da Ruta dos Miradoiros da costa de Ribadeo
- 19.00 h Degustación gastronómimca de produtos do mar no Forte de San Damián e Concerto de peche de música antiga.

San Damián. O vixía e protector de Ribadeo.
Exposición permanente sobre o Centro de Interpretación Forte de San...
Read More