Centro de Interpretación Forte de San Damián

VISITAS TEATRALIZADAS

VISITAS TEATRALIZADAS POLO FORTE DE SAN DAMIÁN

O Concello de Ribadeo, a través do proxecto Ribadeo Cara ao Mar, convida ás veciñas, veciños e visitantes a mergullarse na historia marítima e fortificada da vila coas visitas teatralizadas ao Forte de San Damián. Trátase dunha experiencia inmersiva que combina divulgación e interpretación histórica, permitindo descubrir o patrimonio local dun xeito diferente e participativo.

A través dunha representación en vivo, o público poderá coñecer os episodios máis destacados do pasado do Forte, as lendas que o rodean e diversas curiosidades da man de guías-actores que reviven séculos de historia entre as súas murallas. 

As visitas celebraranse os sábados 22 e 29 de novembro, en distintos pases ás 11:30, 12:00, 13:30, 17:00 e 18:00 horas, no propio Forte de San Damián.

A participación é gratuíta, pero require inscrición previa.